A achega destinouse a paliar a emerxencia xerada tras o paso do devastador ciclón Idai, concretamente apoiando a reconstrución da vila de Nhamatanda, unha das máis prexudicadas tanto polo furacán como polo brote de cólera que lle seguiu. A ANAMM identificou como prioridade a dotación de depósitos de auga, produtos para o seu tratamento, útiles de hixiene persoal e limpeza…
continuarO 3 de xuño de 2018, o Volcán de Fuego, situado na zona central de Guatemala, iniciou unha forte actividade que desembocou na erupción máis virulenta dos últimos corenta anos. A poboación da contorna non foi evacuada, co que 131 persoas quedaron sepultadas e centos delas desaparecidas. As e os afectados abrigáronse principalmente en refuxios onde recibían manutención, vestimenta, medicamentos…
continuarA axuda destinouse á provisión de alimentos para a poboación refuxiada saharauí dos campamentos de Tinduf, onde se realizou a distribución segundo criterios de necesidade e urxencia. O esgotamento das reservas de alimentos básicos, especialmente azucre e arroz, obrigara ao Programa Mundial de Alimentos a reducir nun 20% as racións mensuais destinadas á poboación xa a mediados de ano. Ao…
continuarAs persoas refuxiadas que seguían a ruta dos Balcáns soportaron durante semanas temperaturas baixo cero a causa da vaga de frío siberiano en Europa. Con esta axuda apoiouse a ACNUR para que dotara de artigos como roupa, mantas e estufas ás e aos solicitantes de asilo en centros de acollida de Serbia, onde pasan unha media de seis meses antes…
continuarA axuda destinouse á reconstrución dunha unidade de atención sanitaria que foi derrubada polas intensas chuvias do outono nos campamentos de Tinduf, que agravaron as xa difíciles condicións de vida da poboación refuxiada. O torrente de auga e os refachos de vento causaron cuantiosos danos nas infraestruturas e edificios públicos, coma os dispensarios ou o propio hospital. Dajla, a wilaya…
continuarO terremoto de 7,8 graos provocou a morte de 27 veciñas e veciños de Jama (dun total de 23.250), sendo a segunda cidade máis afectada polo sismo, a pouco máis de 50 km do seu epicentro. Ademais, o 85% dos edificios quedaron inutilizables, entre eles a propia Casa Consistorial. Esta axuda permitiu repoñer os sistemas informáticos municipais, que resultaban imprescindibles…
continuarA poboación de Gaza seguía a padecer a comezos de 2015 as graves consecuencias da ofensiva israelí do verán anterior, polo que se fixo necesario seguir apoiando o programa de atención psicosocial da UNRWA. Estímase que a nova doazón financiou o tratamento psicolóxico de 33 nenas e nenos durante un ano, alén de apoiar terapias grupais e outro tipo de…
continuarEsta achega de emerxencia formou parte da resposta humanitaria á ofensiva “Marxe Protectora” que bombardeou Gaza durante semanas. A axuda canalizouse a través da Asociación Médica Hispano Palestina, que vehiculiza a entrada e distribución de material médico e farmacéutico na Franxa.
continuarLogo da ofensiva militar que se produciu entre o 8 de xullo e o 26 de agosto de 2014 na Franxa, o Fondo Galego decidiu apoiar os equipos de saúde mental que atendían á poboación refuxiada no contexto postbélico. A doazón destinouse ao proxecto ‘Apoio psicosocial para as vítimas da operación Protective Edge en Gaza’, que formaba parte do Plan…
continuarEntre o 8 e 9 de novembro de 2013 Filipinas foi severamente agredida polo denominado supertifón Haiyán, un dos máis devastadores da historia. A Oficina de Coordinación de Asuntos Humanitarios da ONU estimou o número de persoas falecidas en 10.000 e o número de persoas afectadas de maneira directa en millóns. Diante desta situación, o Fondo Galego realizou unha doazón…
continuar