Listaxe de deputacións e concellos socios
O Fondo Galego pretende agrupar a todos os concellos e deputacións de Galicia. As administracións locais son, polo tanto, as entidades socias. No entanto, tamén poden adherirse organismos de base local e de carácter supramunicipal, como as mancomunidades ou os consorcios.
Así mesmo, os Estatutos contemplan a posibilidade de contar con entidades colaboradoras e entidades e persoas de honra.
Son dereitos das entidades socias: ter voz e voto na Asemblea Xeral, participar na vida da asociación e recibir información sobre os acordos e actividades que promova, elixir e seren elixidas para formar parte da Comisión Executiva e gozar de todas as avantaxes e beneficios que a asociación poida conseguir.
Que deben facer as administracións locais para asociarse ao fondo galego?
As administracións locais que teñan vontade de adherirse ao Fondo Galego deben seguir os seguintes pasos:
- Solicitar toda a información precisa ao Fondo Galego enviando un correo electrónico a info@fondogalego.gal ou no teléfono 698 144 536.
- Adoptar o acordo de adhesión no pleno municipal/provincial, a través de decreto de Alcaldía ou por resolución da Xunta de Goberno Local. Deberanse aceptar expresamente os Estatutos da asociación e o nomeamento da persoa que exercerá a representación política na Asemblea Xeral ou, no seu caso, facultar ao/á alcalde/sa a para que designe a quen corresponda.
- Achéganse modelos que poden ser empregados para a adopción do acordo.
- Notificar este acordo así como a solicitude de admisión ao Fondo Galego a través do enderezo electrónico info@fondogalego.gal
