Comisión Executiva

A Comisión Executiva é o órgano de goberno do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. É un órgano de decisión permanente cuxa pluralidade reflicte a filosofía de consenso coa que naceu a asociación. Está integrada por nove membros, que exercen a representación política do seu concello ou deputación. Ao igual que o Fondo Galego, a Comisión Executiva é transpartidaria e réxese polo obxectivo compartido de traballar a prol dunha cooperación internacional de calidade e da promoción dos Dereitos Humanos.

A Comisión Executiva renóvase cada catro anos, tras as eleccións municipais, e a súa composición, proposta polo equipo saínte, debe ser aprobada pola Asemblea Xeral de entidades socias. Na súa configuración non se busca só a diversidade partidaria, senón tamén a presenza das deputacións e de concellos das catro provincias, de distintos tamaños e mais da costa e do interior, así como a paridade de xénero. O órgano reúnese aproximadamente unha vez ao mes e en todas as súas decisións procura a unanimidade, de xeito que o espírito de consenso é parte da natureza do Fondo Galego.

Presidencia

Juan Antonio González Pérez

Alcalde de Nigrán

Vicepresidencia

Ana Belén Breixo Gundín

Concelleira de Igualdade e Normalización Lingüística de San Sadurniño

Tesourería

Daniel Fernández Carril

Concelleiro de Cartelle

Secretaría

Luísa Feijoo Montero

Concelleira de Benestar Social, Voluntariado, Sanidade e Igualdade de Ames

Vogalía

Norma María Caldas Búa

Concelleira de Moraña

Vogalía

Manuel Cerdeira

Alcalde do Irixo

Vogalía

Margarita Figueroa Vázquez

Concelleira de Participación Cidadá, Cooperación e Recursos Humanos de Oleiros

Vogalía

Gumersindo Guinarte Cabada

Concelleiro de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo de Santiago de Compostela

Vogalía

María Loureiro García

Deputada de Muller e Igualdade da Deputación de Lugo

    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información