Especialistas en cooperar

Especialistas en cooperar é un programa de cooperación técnica dirixido a persoal dos concellos, deputacións e mancomunidades de Galicia. Durante un período de dúas a catro semanas, as persoas participantes asesoran en terreo aos nosos parceiros sobre aquelas materias que solicitan, no marco dos proxectos apoiados polo Fondo Galego no Sur Global.

A cooperación técnica é unha das ferramentas máis potentes e distintivas da cooperación internacional ao desenvolvemento impulsada polos gobernos locais, pois supón aproveitar o know how dos municipios para reforzar as capacidades das administracións públicas e asociacións das sociedades máis desfavorecidas, facilitando respostas profesionais e formación adecuada ás súas necesidades. Ao tempo, favorécese o intercambio de experiencias e un maior coñecemento da realidade dos países aos que apoiamos.

Especialistas en Cooperar toma o relevo do anterior programa de voluntariado internacional Vacacións con Traballo, que ao longo de catorce edicións enviou a 46 técnicas e técnicos de 32 concellos e deputacións a colaborar en áreas como turismo, arquitectura, traballo social, igualdade, emprego, finanzas, bibliotecas ou informática en Nicaragua, Cuba, Perú, Mozambique e Cabo Verde.

EeC - Especialistas en Cooperar

No entanto, en ocasións Especialistas en Cooperar cambia de dirección  e é o funcionariado do Sur Global quen se despraza a Galicia para profundar nesta cooperación técnica. O obxectivo é fortalecer as capacidades dos municipios e asociacións de municipios cos que traballamos, compartindo coñecementos naquelas deputacións e concellos dispostos a transmitir as súas boas prácticas de xestión nas áreas de interese sinaladas. Ao tempo, promóvese a sensibilización entre as entidades socias do Fondo Galego sobre a difícil situación dos países empobrecidos e as súas potencialidades.

CONVOCATORIA 2026

Resolución Especialistas en Cooperar 2026
Bases Especialistas en Cooperar 2026
Ficha de solicitude
Modelo de carta de apoio do Concello

SESIÓNS INFORMATIVAS ONLINE

2/06 – 12:00h EeC Mozambique
3/06 – 12:00h EeC Cabo Verde

https://us06web.zoom.us/j/81117876960
ID de reunión: 811 1787 6960
Código de acceso: 428010

Cartel para redes
Cartel para imprimir

BLOGS

CADERNOS DE EXPERIENCIAS

Back to top
Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
Máis información