Entidades socias

O Fondo Galego pretende agrupar a todos os concellos e deputacións de Galicia. As administracións locais son, polo tanto, as entidades socias. No entanto, tamén poden adherirse organismos de base local e de carácter supramunicipal, como as mancomunidades ou os consorcios.

Así mesmo, os Estatutos contemplan a posibilidade de contar con entidades colaboradoras e entidades e persoas de honra.

Son dereitos das entidades socias: ter voz e voto na Asemblea Xeral, participar na vida da asociación e recibir información sobre os acordos e actividades que promova, elixir e seren elixidas para formar parte da Comisión Executiva e gozar de todas as avantaxes e beneficios que a asociación poida conseguir.

Que deben facer as administracións locais para asociarse ao fondo galego?

As administracións locais que teñan vontade de adherirse ao Fondo Galego deben seguir os seguintes pasos:

1.
2.
  • Adoptar o acordo de adhesión no pleno municipal/provincial, a través de decreto de Alcaldía ou por resolución da Xunta de Goberno Local. Deberanse aceptar expresamente os Estatutos da asociación e o nomeamento da persoa que exercerá a representación política na Asemblea Xeral ou, no seu caso, facultar ao/á alcalde/sa a para que designe a quen corresponda.
  • Achéganse modelos que poden ser empregados para a adopción do acordo.
3.
  • Notificar este acordo así como a solicitude de admisión ao Fondo Galego a través do enderezo electrónico info@fondogalego.gal
    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información