Económico

Cotas

O actual sistema de cálculo de cotas foi aprobado na Asemblea Xeral do 28 de outubro de 2021.

A cota anual é una cantidade fixa que corresponde ao 0,01% dos ingresos correntes. Para as entidades que xa eran socias a 28/10/21, tivéronse en conta os últimos datos publicados polo Ministerio de Facenda ata esa data. Para as novas entidades socias, tomarase como referencia o último exercicio dispoñible.

Aquelas entidades socias que, a 28/10/21, estaban ingresando unha cota superior ao 0,01% mantiveron a contía que estaban achegando nesa data.

No entanto, cómpre ter en conta que:

  • O horizonte é chegar ao 0,7% que marca a ONU, polo que se prevé propoñer revisións periódicas da porcentaxe a aplicar, para o que se procurará o consenso das entidades socias.
  • O desafío sería conseguir no ano 2030 unha achega municipal do 0,1% sobre os ingresos correntes á cooperación para o desenvolvemento.

Así mesmo, prevense determinadas medidas encamiñadas a facilitar e fomentar o esforzo económico das entidades socias no pagamento das cotas:

  • Posibilidade de fragmentar o incremento da cota resultante, cando o houbera, en dúas ou tres anualidades, de xeito que a entidade poida ir incrementando progresivamente o orzamento destinado cota ao Fondo Galego.
  • Posibilidade de solicitar a revisión voluntaria da cota dun concello/deputación cando se produza unha mingua ou incremento dos ingresos correntes nunha anualidade na que non que non está previsto levar a cabo a actualización dos datos económicos para o cálculo das cotas.
  • En todo caso, este sería un sistema de cotas mínimas, polo que nada impediría que unha entidade socia puidera achegar unha cantidade superior en concepto de cota social.
    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información