As persoas refuxiadas que seguían a ruta dos Balcáns soportaron durante semanas temperaturas baixo cero a causa da vaga de frío siberiano en Europa. Con esta axuda apoiouse a ACNUR para que dotara de artigos como roupa, mantas e estufas ás e aos solicitantes de asilo en centros de acollida de Serbia, onde pasan unha media de seis meses antes de cruzar a fronteira. Contribuíuse así a paliar as duras condicións de vida destas persoas, principalmente afgás, iraquís, paquistanís e sirias, que foxen dos conflitos nos seus lugares de orixe á procura dunha vida mellor.