A achega realizada permitiu proporcionar alimentos durante un mes a 289 persoas en situación de extrema vulnerabilidade, das que a metade son mulleres e un 47% menores. Tratouse de produtos básicos ou listos para ser inxeridos, como fariña, pan, galletas, feixóns, polo, carne en lata ou dátiles, que permitan combater os altos niveis de desnutrición e inseguridade alimentaria. O cargamento…
continuarA través deste proxecto foi creado un asentamento humano inclusivo, digno e seguro na aldea rural de Kandukur , distrito de Kurnool de Andhra Pradesh, para familias pertencentes ás castas máis desfavorecidas da India. Por tanto, construíronse 34 vivendas, facendo efectivos os dereitos de acceso a unha vivenda e ao saneamento de 34 mulleres e os seus familiares. Ao mesmo…
continuarA poboación de Gaza seguía a padecer a comezos de 2015 as graves consecuencias da ofensiva israelí do verán anterior, polo que se fixo necesario seguir apoiando o programa de atención psicosocial da UNRWA. Estímase que a nova doazón financiou o tratamento psicolóxico de 33 nenas e nenos durante un ano, alén de apoiar terapias grupais e outro tipo de…
continuarNo marco do programa de empoderamento feminino, o Fondo Galego financiou en 2012 o ‘Módulo para a emancipación social e a participación política das mulleres’, coa finalidade de afondar na cuestión da participación política das mulleres e promovela dunha forma holística en 15 suburbios da cidade. Ante os positivos resultados desta intervención na zona urbana e para evitar crear unha…
continuarEsta achega de emerxencia formou parte da resposta humanitaria á ofensiva “Marxe Protectora” que bombardeou Gaza durante semanas. A axuda canalizouse a través da Asociación Médica Hispano Palestina, que vehiculiza a entrada e distribución de material médico e farmacéutico na Franxa.
continuarLogo da ofensiva militar que se produciu entre o 8 de xullo e o 26 de agosto de 2014 na Franxa, o Fondo Galego decidiu apoiar os equipos de saúde mental que atendían á poboación refuxiada no contexto postbélico. A doazón destinouse ao proxecto ‘Apoio psicosocial para as vítimas da operación Protective Edge en Gaza’, que formaba parte do Plan…
continuarEntre o 8 e 9 de novembro de 2013 Filipinas foi severamente agredida polo denominado supertifón Haiyán, un dos máis devastadores da historia. A Oficina de Coordinación de Asuntos Humanitarios da ONU estimou o número de persoas falecidas en 10.000 e o número de persoas afectadas de maneira directa en millóns. Diante desta situación, o Fondo Galego realizou unha doazón…
continuar








