Campañas

#OsMunicipiosCooperan

A pandemia do COVID-19 xerou unha grave situación ante a que a cooperación internacional realizada polas administracións locais corre o risco de repregarse. Para evitalo, o Fondo Galego artellou a campaña #OsMunicipiosCooperan, co fin de concienciar sobre a contribución das deputacións e concellos socios á superación desta crise a nivel global, evitando que o seu compromiso diminúa cando precisamente é máis necesario. A campaña baséase en vídeos curtos protagonizados por persoal político e técnico das administracións locais, así como polos nosos parceiros nos países empobrecidos. Os audiovisuais móvense en Facebook e Twitter baixo o hashtag #OsMunicipiosCooperan, que tamén poden empregar todas as persoas e entidades que queiran unirse a ela publicando os seus propios posts. A estratexia inclúe tamén outras accións como cuñas de radio, cartelería, un pronunciamento estatal, artigos en prensa, etc.

> Asina o manifesto!

Vídeos: www.facebook.com/pg/FondoGalego/videos/

Cuña de radio:

O Fondo Galego de Cooperación lanza a campaña #OsMunicipiosCooperan, á que calquera persoa ou entidade pode sumarse nas redes sociais.
    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información