Entre o 8 e 9 de novembro de 2013 Filipinas foi severamente agredida polo denominado supertifón Haiyán, un dos máis devastadores da historia. A Oficina de Coordinación de Asuntos Humanitarios da ONU estimou o número de persoas falecidas en 10.000 e o número de persoas afectadas de maneira directa en millóns.
Diante desta situación, o Fondo Galego realizou unha doazón inmediata a Axencia das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR) por valor de 10.000€ que serían destinados á reconstrución do país, ao tempo que abriu unha conta de emerxencia para recadar fondos, cos que se dotou a 1.000 familias damnificadas de tendas e artigos non alimentarios básicos de emerxencia.