A Rede Municipalista Solidaria (RMS) está integrada polo persoal político e técnico delegado das relacións co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade en cada unha das entidades socias.
A RMS reúnese de xeito presencial cando menos unha vez ao ano, en xuntanzas provinciais dirixidas especialmente ás traballadoras e traballadores que actúan de enlace nas deputacións e concellos, para facer balance das actividades e planificar as novas estratexias de maneira conxunta. Ademais, en aras da imprescindible transparencia e fluidez na comunicación, mantense un contacto mensual a través do correo electrónico para informar sobre os avances na acción do Fondo Galego e recoller achegas.