A axuda destinouse á provisión de alimentos para a poboación refuxiada saharauí dos campamentos de Tinduf, onde se realizou a distribución segundo criterios de necesidade e urxencia. O esgotamento das reservas de alimentos básicos, especialmente azucre e arroz, obrigara ao Programa Mundial de Alimentos a reducir nun 20% as racións mensuais destinadas á poboación xa a mediados de ano. Ao tempo que minguaron os alimentos frescos dispoñibles, tamén se acabaron os produtos micronutrintes, dirixidos a loitar contra a malnutrición e a anemia, poñendo en risco a 220.000 mulleres e nenos afectados por estas doenzas. Xerouse así unha grave crise alimentaria, que coincidiu co aumento das temperaturas, de aí o chamamento á comunidade internacional para incrementar as doazóns.