Promoción da saúde a través do deporte no medio rural dos distritos de Boane e Naamacha

Promoción da saúde a través do deporte no medio rural dos distritos de Boane e Naamacha 2400 1600 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

A finalidade do proxecto era reducir os factores de risco que poden levar á xente nova a contraer adiccións, doenzas ou embarazos precoces, empregando o deporte como ferramenta. Ofrecéronse alternativas de lecer a nenas e nenos e mais á mocidade, creando equipos de fútbol e atletismo nos que se incentivou a participación e liderado das rapazas. Ao tempo, formouse en educación para a saúde a un grupo de activistas que promoveron hábitos de vida saudables, co fin de diminuír a vulnerabilidade fronte o consumo de drogas e alcol, enfermidades cardiovasculares, sida, abandono familiar, desemprego, baixa autoestima, etc. Instruíuse tamén a monitoras e monitores deportivos e mais ás e aos integrantes dos equipos, que sumaron un total de 490 persoas beneficiarias. O exercicio físico considérase así unha ferramenta para mellorar a saúde, pero tamén para fomentar o crecemento persoal, as relacións sociais e o empoderamento das mulleres. Cada aldea contou cun equipo, que competiu en campionatos cuadrimestrais. Ademais organizáronse sesións de reflexión sobre diferentes temas de sensibilización e educación en valores, alén de implementar accións informativas e educativas sobre o terreo que tomaron forma de visitas domiciliarias, palestras, teatro, etc.

    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información