Mellora do acceso ao dereito humano á auga e das prácticas de hixiene adecuadas de 1.824 habitantes (932 mulleres e 892 homes) da localidade de Carantaba (Sector de Contoubel, rexión de Bafatá)

Mellora do acceso ao dereito humano á auga e das prácticas de hixiene adecuadas de 1.824 habitantes (932 mulleres e 892 homes) da localidade de Carantaba (Sector de Contoubel, rexión de Bafatá) 2000 1500 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Este proxecto facilitoulles o abastecemento de auga aos 1.824 habitantes da localidade de Carantaba, no norte de Guinea-Bissau. Para garantir o dereito humano á auga, levouse a cabo a rehabilitación dun pozo con sistema de bombeo electrosolar, a construción de dous depósitos en altura e a instalación dunha rede de distribución cuns 1.000 metros de canalizacións. Ademais, dispuxéronse catro fontes públicas e dúas tomas domiciliarias, unha na escola e outra na residencia do profesorado. A actuación levou aparellada unha campaña de sensibilización sobre prácticas hixiénicas que se estendeu tamén ás comunidades de Santa Curtiba e Santa Nie, chegando a preto de 3.000 persoas. O correcto transporte, almacenaxe e tratamento da auga, canda a hixiene persoal, doméstica e alimentaria, foron algúns dos contidos abordados a través de visitas porta a porta, demostracións prácticas, charlas comunitarias ou distribución de carteis. Pretendíase así promover un uso racional e reducir a incidencia de enfermidades directamente relacionadas con estes procesos, como a malaria ou a diarrea. Ademais, formouse un Comité de Xestión de Auga e Hixiene, integrado maioritariamente por mulleres, e impartiuse un obradoiro de introdución á fotografía para as veciñas que culminou nunha exposición.

Back to top
Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
Máis información