- As mostras, financiadas polo Concello da Coruña, visibilizan as actuacións implementadas nos últimos anos en Mozambique, Cabo Verde e Guinea-Bissau.
- O rexedor nigranés e presidente Fondo Galego de Cooperación, Juan González, recibiu ao alcalde da vila africana e a unha representante da Asemblea Municipal.
- Os proxectos apoiados polo Fondo Galego no municipio van desde a construción de pozos ata o fomento do deporte como alternativa de ocio saudable.
- Na cuarta fase do proxecto impulsado canda o goberno rexional de Cacheu investiranse 28.200 euros na instalación de pozos, depósitos e fontes públicas.
- Persoal técnico dos concellos de Lugo e Tomiño que participa no programa Especialistas en Cooperar asistiu á entrega oficial das novas infraestruturas.
- Alcaldes e concelleiros de Nigrán, Cartelle e Cuntis supervisaron os proxectos en terreo e comprometeron novos apoios en materia de saúde, auga e formación.
- Representantes da asociación municipalista e dos concellos de Nigrán, Cartelle e Cuntis afianzan a colaboración co goberno rexional de Cacheu.
Máis dun milleiro de habitantes da comunidade de Pessangue, en Guinea-Bissau, teñen xa acceso á auga potable a través das fontes instaladas nas súas aldeas grazas á terceira fase do proxecto impulsado na illa de Pecixe polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Ata 165 familias, que viven practicamente illadas e sen acceso aos servizos máis básicos, verán melloradas as…
continuar- Catro mozas e mozos de 18 a 35 anos poderán gañar unha viaxe sostible a Cabo Verde enviando os seus deseños sobre o ODS 6 antes do 20 de marzo.
- O Fondo Galego de Cooperación organiza o concurso financiado pola UE e a Xunta en colaboración cos concellos de Moeche, Poio, Verín e Viveiro.
- O Fondo Galego financiou con 10.000 euros a construción dun pozo na incomunicada illa de Pecixe en colaboración coa Rexión de Cacheu.
“Os vertidos das empresas contaminan as fontes e, á súa vez, hai compañías que se están a instalar nas zonas de recarga hídrica dos acuíferos, de maneira silenciosa e saltándose todas as normativas”. Así identifica Laura Herrera, representante da Colectiva Feminista para o Desenvolvemento Local, as principais ameazas sobre a auga que enfrontan as comunidades rurais de El Salvador. A…
continuar- O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade áchase entre os impulsores desta iniciativa que inclúe desde un spot televisivo ata concursos fotográficos.
![Obxectivos de Desenvolvemento Sostible [6] Auga limpa e saneamento](https://fondogalego.gal/wp-content/uploads/fondogalego-odm-6-auga-limpa-e-saneamento-500x500.png)









