- Un total de 44 obras presentáronse ao concurso organizado polo Fondo Galego e financiado polo Concello da Coruña, nunha edición de récord.
- As propostas gañadoras convidarán a reflexionar sobre o crecemento inclusivo, a innovación e as desigualdades no patio do CEIP Sal Lence.
- O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade organiza na Coruña a cuarta edición deste certame co apoio do concello herculino, socio da entidade.
- Crecemento inclusivo, innovación e redución das desigualdades son os temas centrais das obras, baseadas nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
- A Rexión de Cacheu dedicou os 10.000 euros recibidos a espallar a prevención e garantir a alimentación de 1.240 familias co apoio de 72 persoas voluntarias
O centro de acollida infantil 1º de Maio é unha institución pública do Municipio de Maputo, fogar de 50 menores que, na súa maioría, se viron abandonados nos hospitais da cidade, así como nos despachos de atención a mulleres vítimas de violencia de xénero. O centro presta asistencia, protección, apoio social, psicolóxico e material á rapazada, que chega nun estado…
continuarAs persoas refuxiadas que seguían a ruta dos Balcáns soportaron durante semanas temperaturas baixo cero a causa da vaga de frío siberiano en Europa. Con esta axuda apoiouse a ACNUR para que dotara de artigos como roupa, mantas e estufas ás e aos solicitantes de asilo en centros de acollida de Serbia, onde pasan unha media de seis meses antes…
continuarEntre o 8 e 9 de novembro de 2013 Filipinas foi severamente agredida polo denominado supertifón Haiyán, un dos máis devastadores da historia. A Oficina de Coordinación de Asuntos Humanitarios da ONU estimou o número de persoas falecidas en 10.000 e o número de persoas afectadas de maneira directa en millóns. Diante desta situación, o Fondo Galego realizou unha doazón…
continuarNo traballo desenvolvido coa AMSA, o Fondo Galego impulsou o exercicio de planificación na Illa de Santo Antón, interrompido desde 2001 pola falta de recursos financeiros. Ese exercicio deu excelentes resultados na década dos 90 e contribuíu en gran medida á elaboración, procura de financiamento e execución de proxectos estruturais para a illa en varios sectores do desenvolvemento socioeconómico. O…
continuarA través do proxecto dotouse de medios de protección, roupa de intervención e material de rescate aos bombeiros do Parque de Banda Aceh, grazas á doazón de material dos principais parques de bombeiros de Galicia.
continuarPara promover a continuidade de asociacións existentes e a constitución de novas asociacións comunitarias, foron financiados microcircuítos locais, desenvolvidos e implementados polas asociacións comunitarias.
continuarO 26 de decembro de 2004 un tsunami levou a vida de máis de 30.000 persoas e desprazou a 500.000 no Sueste Asiático. Doce dos 25 distritos de Sri Lanka foron severamente castigados. A destrución que produciu o tsunami empeorou a xa existente situación de pobreza e incrementou a vulnerabilidade dunha grande proporción dos segmentos máis pobres da poboación. Por…
continuar- 1
- 2