Apoio psicosocial para as vítimas da operación Protective Edge en Gaza

Apoio psicosocial para as vítimas da operación Protective Edge en Gaza 900 600 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Logo da ofensiva militar que se produciu entre o 8 de xullo e o 26 de agosto de 2014 na Franxa, o Fondo Galego decidiu apoiar os equipos de saúde mental que atendían á poboación refuxiada no contexto postbélico. A doazón destinouse ao proxecto ‘Apoio psicosocial para as vítimas da operación Protective Edge en Gaza’, que formaba parte do Plan de Resposta á Emerxencia da UNRWA. Grazas á esta achega, preto de 1.500 persoas se beneficiaron das terapias impartidas por seis terapeutas durante dous meses. Realizáronse distintas actividades, tanto individuais como grupais, traballando desde o punto de vista da psicoloxía positiva.

Tras os 50 días de ofensiva, 2.254 palestinas e palestinos perderon a vida, incluíndo 538 menores, e máis de 18.000 casas quedaron destruídas. Todo isto danou o tecido social e debilitou os lazos existentes entre comunidades. Arredor de 375.000 nenas e nenos e 60.000 persoas adultas foron identificadas como posibles beneficiarias do programa de apoio psicosocial por múltiples razóns, como a perda de familiares durante os ataques, a destrución do fogar, os elevados niveis de estrés, etc. O obxectivo desta iniciativa era reducir a vulnerabilidade psicolóxica e mellorar a resiliencia para afrontar os efectos adversos que tiveran acontecido ou que foran acontecer.

    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información