Ligazóns para difusión

Share on WhatsApp Share on Telegram Share on LinkedIn

El Salvador

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Produción de medicina natural para a saúde sexual e reprodutiva das mulleres no municipio de Tonacatepeque

Produción de medicina natural para a saúde sexual e reprodutiva das mulleres no municipio de Tonacatepeque 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

A través deste proxecto contribuíuse a mellorar a calidade de vida da poboación moza, especialmente mulleres adolescentes, mediante o impulso dunha produción alternativa de medicamentos naturais para a saúde sexual e reprodutiva. As accións incluíron tamén o acceso a medicamentos alternativos de boa calidade e xeración de actividades de comercialización de produtos naturais.

continuar
continuar
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Integración dos mozos e mozas de Zacamil 1 e San Rafael na vida laboral e produtiva da zona

Integración dos mozos e mozas de Zacamil 1 e San Rafael na vida laboral e produtiva da zona 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O proxecto fixo fincapé na formación de mozas e mozos en xastraría e serigrafía para aumentar as oportunidades de inserción no mercado laboral, ofrecéndose unha alternativa á delincuencia que asolaba ao país. Neste senso, realizáronse cursos de formación e rehabilitáronse dúas infraestruturas comunais para poder impartir as aulas.

continuar
continuar
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Formación e capacitación para o fortalecemento institucional dos gobernos locais en Centroamérica e Caribe

Formación e capacitación para o fortalecemento institucional dos gobernos locais en Centroamérica e Caribe 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O desenvolvemento deste proxecto pretendeu contribuír á gobernabilidade democrática e o fortalecemento institucional no territorio en épocas de cambio xeradas polos procesos de globalización e descentralización. As persoas beneficiarias foron autoridades locais, persoal dos municipios, representantes de diversos sectores da sociedade como partidos políticos, líderes comunais, estudantes, etc. O proxecto centrouse en actividades de sensibilización e capacitación, así como en…

continuar
continuar
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Adquisición de bicicletas para mestres populares e promotores de organización

Adquisición de bicicletas para mestres populares e promotores de organización 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

A iniciativa tivo como obxectivo dotar de bicicletas a mestras/es e promotoras/es da comunidade para facilitar os continuos desprazamentos que teñen que realizar, ante a inexistencia de servizo público de transporte. Diminuír o tempo nos desprazamentos axudoulles a levar a cabo o seu traballo con maior puntualidade e a conseguir unha meirande implicación coas comunidades locais nas rexións de San…

continuar
continuar
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Introdución de enerxía eléctrica e alumeado público no municipio de El Paraíso

Introdución de enerxía eléctrica e alumeado público no municipio de El Paraíso 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Este proxecto forma parte dun programa de desenvolvemento integral para o municipio de El Paraíso que pretende dotalo de infraestruturas básicas: luz eléctrica e alumeado público para as comunidades rurais e urbanas. O proxecto foi definido polas autoridades locais en colaboración coas entidades civís e de representación social da zona. As beneficiarias foron 12 familias que viven no Caserío Agua…

continuar
continuar
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Abastecemento de auga potable no caserío La Loma, no Cantón Los Amates. Departamento de Ahuachapán

Abastecemento de auga potable no caserío La Loma, no Cantón Los Amates. Departamento de Ahuachapán 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O proxecto permitiu dotar de abastecemento de auga potable a unha comunidade que carecía deste servizo e que sufría problemas graves de saúde por esta causa, con especial impacto na poboación infantil. En concreto, 1.140 persoas resultaron beneficiarias. Ademais das obras de infraestrutura, conformouse o Comité Central da Auga, composto por xente da comunidade, que se encarga da administración e…

continuar
continuar
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Apoio ao desenvolvemento agropecuario e microempresarial a mulleres da área rural e semiurbana do norte dos departamentos de San Salvador e La Libertad

Apoio ao desenvolvemento agropecuario e microempresarial a mulleres da área rural e semiurbana do norte dos departamentos de San Salvador e La Libertad 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O obxectivo do proxecto era potenciar e fomentar a equidade de xénero nas actividades microempresariais e agropecuarias das socias e socios da cooperativa ACUDE e UCRES. Para logralo, desenvolvéronse xornadas de sensibilización sobre igualdade de xénero en cada unha das 30 comunidades implicadas, charlas sobre o empoderamento das beneficiarias así como de masculinidades dirixidas aos homes. Ademais, financiáronse 69 actividades…

continuar
continuar
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Condución de auga potable para o caserío La Coyotera

Condución de auga potable para o caserío La Coyotera 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O proxecto integrábase no programa de desenvolvemento do municipio de El Paraíso, definido polas autoridades locais en colaboración coa sociedade civil. A intervención consistiu na perforación dun pozo de 40 metros de profundidade, así como o bombeo a través de tubaxes para a condución de auga potable a 75 vivendas, contribuíndo á mellora das condicións de saúde, económicas e de…

continuar
continuar
    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información