A iniciativa tivo como obxectivo dotar de bicicletas a mestras/es e promotoras/es da comunidade para facilitar os continuos desprazamentos que teñen que realizar, ante a inexistencia de servizo público de transporte. Diminuír o tempo nos desprazamentos axudoulles a levar a cabo o seu traballo con maior puntualidade e a conseguir unha meirande implicación coas comunidades locais nas rexións de San Salvador e La Libertad. Para iso, adquiríronse 32 bicicletas que tamén contribuíron a mellorar a organización e a comunicación con outras institucións.