Formación e capacitación para o fortalecemento institucional dos gobernos locais en Centroamérica e Caribe

Formación e capacitación para o fortalecemento institucional dos gobernos locais en Centroamérica e Caribe 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O desenvolvemento deste proxecto pretendeu contribuír á gobernabilidade democrática e o fortalecemento institucional no territorio en épocas de cambio xeradas polos procesos de globalización e descentralización. As persoas beneficiarias foron autoridades locais, persoal dos municipios, representantes de diversos sectores da sociedade como partidos políticos, líderes comunais, estudantes, etc. O proxecto centrouse en actividades de sensibilización e capacitación, así como en publicacións, para contribuír ao proceso de modernización e fortalecemento da administración local en Centroamérica e República Dominicana. Así, desenvolvéronse sete seminarios en cada un dos países sobre descentralización e fortalecemento municipal, un seminario por país sobre o municipio como promotor do desenvolvemento humano, un foro de intercambio sobre o papel dos gobernos locais, diversas formacións para mellorar a xestión municipal, etc.

    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información