O obxectivo do proxecto era potenciar e fomentar a equidade de xénero nas actividades microempresariais e agropecuarias das socias e socios da cooperativa ACUDE e UCRES. Para logralo, desenvolvéronse xornadas de sensibilización sobre igualdade de xénero en cada unha das 30 comunidades implicadas, charlas sobre o empoderamento das beneficiarias así como de masculinidades dirixidas aos homes. Ademais, financiáronse 69 actividades produtivas decididas polas propias mulleres, a través de créditos directos, para o que recibiron asistencia técnica agropecuaria e tecnolóxica, o que lles permitiu rendibilizar e dirixir as súas actividades produtivas.