O obxectivo da intervención foi o de fortalecer os mecanismos de participación cidadá para mellorar a calidade dos servizos públicos de saúde, así como o acceso aos mesmos, no municipio de Usulután. Para iso, formouse a unha decena de voluntarias como promotoras de saúde, abordando aspectos como os métodos de planificación familiar, prevención do cancro de cérvix e de mama,…
continuarEste proxecto buscou o fortalecemento dos liderados e da participación cidadá de 75 mulleres ambientalistas na promoción dos dereitos ambientais e na defensa do territorio dos municipios de Suchitoto, Candelaria e Tenancingo a partir da sensibilización ambiental comunitaria. A proposta suma tamén a promoción da participación das mulleres na defensa do Dereito humano á Auga e a protección dos bens…
continuarA redución da vulnerabilidade do risco de inundacións en comunidades e centros escolares dos municipios de Tecoluca e Zacatecoluca foi a meta deste proxecto que, alén destas actividades, amplificou os resultados desta formación e a capacidade de reacción das comunidades ante unha emerxencia a través da radio comunitaria. Para lograr este obxectivo planificáronse accións dirixidas a 11 centros de ensino…
continuarA través deste proxecto contribuíuse a mellorar a calidade de vida da poboación moza, especialmente mulleres adolescentes, mediante o impulso dunha produción alternativa de medicamentos naturais para a saúde sexual e reprodutiva. As accións incluíron tamén o acceso a medicamentos alternativos de boa calidade e xeración de actividades de comercialización de produtos naturais.
continuarO proxecto fixo fincapé na formación de mozas e mozos en xastraría e serigrafía para aumentar as oportunidades de inserción no mercado laboral, ofrecéndose unha alternativa á delincuencia que asolaba ao país. Neste senso, realizáronse cursos de formación e rehabilitáronse dúas infraestruturas comunais para poder impartir as aulas.
continuarO desenvolvemento deste proxecto pretendeu contribuír á gobernabilidade democrática e o fortalecemento institucional no territorio en épocas de cambio xeradas polos procesos de globalización e descentralización. As persoas beneficiarias foron autoridades locais, persoal dos municipios, representantes de diversos sectores da sociedade como partidos políticos, líderes comunais, estudantes, etc. O proxecto centrouse en actividades de sensibilización e capacitación, así como en…
continuarA iniciativa tivo como obxectivo dotar de bicicletas a mestras/es e promotoras/es da comunidade para facilitar os continuos desprazamentos que teñen que realizar, ante a inexistencia de servizo público de transporte. Diminuír o tempo nos desprazamentos axudoulles a levar a cabo o seu traballo con maior puntualidade e a conseguir unha meirande implicación coas comunidades locais nas rexións de San…
continuarEste proxecto forma parte dun programa de desenvolvemento integral para o municipio de El Paraíso que pretende dotalo de infraestruturas básicas: luz eléctrica e alumeado público para as comunidades rurais e urbanas. O proxecto foi definido polas autoridades locais en colaboración coas entidades civís e de representación social da zona. As beneficiarias foron 12 familias que viven no Caserío Agua…
continuarO proxecto permitiu dotar de abastecemento de auga potable a unha comunidade que carecía deste servizo e que sufría problemas graves de saúde por esta causa, con especial impacto na poboación infantil. En concreto, 1.140 persoas resultaron beneficiarias. Ademais das obras de infraestrutura, conformouse o Comité Central da Auga, composto por xente da comunidade, que se encarga da administración e…
continuarO obxectivo do proxecto era potenciar e fomentar a equidade de xénero nas actividades microempresariais e agropecuarias das socias e socios da cooperativa ACUDE e UCRES. Para logralo, desenvolvéronse xornadas de sensibilización sobre igualdade de xénero en cada unha das 30 comunidades implicadas, charlas sobre o empoderamento das beneficiarias así como de masculinidades dirixidas aos homes. Ademais, financiáronse 69 actividades…
continuar


