O proxecto permitiu dotar de abastecemento de auga potable a unha comunidade que carecía deste servizo e que sufría problemas graves de saúde por esta causa, con especial impacto na poboación infantil. En concreto, 1.140 persoas resultaron beneficiarias. Ademais das obras de infraestrutura, conformouse o Comité Central da Auga, composto por xente da comunidade, que se encarga da administración e mantemento das infraestruturas. Así mesmo, realizouse unha capacitación continua en educación sanitaria relacionada co bo uso da auga e a protección dos recursos naturais.