O concello de Ribeira Grande é un dos máis empobrecidos da illa de Santiago e o que posúe a taxa máis baixa de alfabetización no país (62,2%). Desde o ano 2006 a Asociación para a Cooperación con Cabo Verde ten apoiado a un grupo de mulleres das localidades de Gouveia, Cidade Vella, Porto Mosquito e Salineiro, que tras ser formadas…
continuarO presente proxecto tratou de pór en valor os recursos naturais e sociais para potenciar o turismo rural comunitario no municipio de Totogalpa. A proposta centrouse no fortalecemento do Centro de Educación Alternativa Rural (CEAR) Telpochcalli para lograr a través do mesmo promocionar e colocar a Totogalpa como destino turístico. O CEAR tería un rol promotor e prestador de servizos…
continuarO proxecto deu seguimento á liña de Fortalecemento Comunitario do Programa “Oxlajuj Tzíkin” impulsado pola Xunta de Galicia entre os anos 2008 e 2012, en 16 comunidades do Departamento de Retalhuleu, en Guatemala. Como parte do mesmo, impulsouse a creación de varias estruturas comunitarias para liderar os procesos de desenvolvemento das súas comunidades, de modo que estas tivesen un papel…
continuarO presente proxecto provén dunha primeira fase de execución financiada pola AECID no ano 2010. O proxecto foi parte dunha estratexia integral de desenvolvemento turístico rural comunitario, que buscaba a redistribución do turismo nacional e internacional cara os municipios do interior de Nicaragua, onde se concentran as grandes bolsas de pobreza. Na primeira fase de execución enfatizouse na formación técnica…
continuarContribuír á erradicación da pobreza promovendo o desenvolvemento económico local (DEL) xunto coa Dirección Nacional de Promoción de Desenvolvemento Rural (DNPDR), a través do apoio e fortalecemento do Departamento de Promoción de Desenvolvemento Rural, a Axencia de Desenvolvemento Económica Local (ADEL) da provincia de Maputo e a Rede Nacional das ADEL (REDEL) para dinamizar a economía local, crear empregos e…
continuarA través da realización de seminarios dirixidos a 150 mulleres, labregas perseguiuse o obxectivo de promover e mellorar as condicións de vida das traballadoras rurais a través da súa capacitación e empoderamento.
continuarO proxecto contribuíu á eliminación da pobreza e da marxinación da comunidade árabe-palestina en Israel, centrándose no colectivo das mulleres palestinas, dotándoas e capacitándoas en técnicas e habilidades de cestería co obxectivo de pór en funcionamento unha cooperativa.
continuarCo fin de impulsar un desenvolvemento integral, autoxestionado e sostibe, a través do proxecto formouse a mozos e mozas en xestión técnica agropecuaria.
continuarEsta iniciativa tivo por obxectivo, alén de fortalecer novos mecanismos de emprego e xestión turística, fortalecer a identidade cultural da poboación local, así como impulsar as organizacións locais, as agrupacións xuvenís e artesás. O proxecto consistiu na realización de actividades de promoción do programa e recadación de fondos, capacitación a guías, obradoiros de capacitación aos membros da rede, escola de…
continuarA través do proxecto mellorouse a calidade de vida da poboación de Sucre, en Bolivia, mediante a creación da escola de auxiliares de enfermería, con capacidade para 80 alumnas e alumnos que carecían de posibilidades para continuar os seus estudos. Deste xeito, e nun período de dous anos, esta mocidade podería integrarse no mercado laboral cunha formación no sector.
continuar- 1
- 2