O programa dá continuidade ás accións xa iniciadas no ano 2007 a través da execución do proxecto “Plaidoyer para aumentar o número de mulleres nas eleccións autárquicas de 2008”. Inseriuse no esforzo de integración dunha abordaxe de xénero na planificación das políticas locais. Para o cumprimento deste obxectivo pretendeuse traballar cos equipos municipais de dous concellos do país e coas…
continuarA través deste programa mellorouse o acceso á auga das familias residentes no barrio de Ponta d’Agua, na cidade de Praia, a través da conexión domiciliaria das casas a partir da rede de abastecemento existente.
continuarO proxecto pretendeu ser unha achega para o reforzo da participación política das mulleres nas dinámicas locais en todos os concellos do país, elevando o número de candidatas nas listas das eleccións de 2008. Para conseguilo, estableceuse un plan de traballo que incluíu aos partidos políticos e organización de base.
continuarCon esta actuación realizouse unha análise do proceso de descentralización, a fin de fortalecelo a través do coñecemento dos instrumentos de xestión do marco competencial.
continuarA través desta iniciativa dotouse á comunidade de Flamingos dunha rede domiciliaria de auga, mais tamén se mellorou o sistema de saneamento básico e hixiene, contribuíndo deste xeito á redución da pobreza na localidade.
continuarEste proxecto formativo tivo como meta a capacitación xuvenil en eidos con especial demanda para compensar a falta de man de obra local cualificada.
continuarContribuíuse con este proxecto á autosostibilidade da mocidade grazas á formación profesional de 130 mozas e mozos en artesanía, danza, asociacionismo, manutención e informática.
continuarA educación preescolar resulta un factor chave para loitar contra o analfabetismo. Con tal motivo, construíuse unha escola infantil na localidade de Santa Catarina do Fogo, a fin de garantir o acceso á educación dos máis pequenos e incrementar o rendemento escolar.
continuarO proxecto centrouse na construción dunha escola infantil para garantir que as nenas e nenos da localidade puideran gozar deste servizo, xa que a máis próxima se situaba a varios quilómetros que as persoas habían de percorrer a pé. Así mesmo, a escola emprégase tamén para actividades comunitarias e formativas que se organizan na comunidade.
continuarA construción dun centro comunitario tivo como obxectivo prestar servizos sociais e reforzar a capacidade das organizacións locais. Así, alén de ofrecerse cursos formativos e servizos básicos á poboación, como biblioteca e aula de informática, o centro é empregado na actualidade para acoller as actividades das asociacións locais.
continuar