A construción dun centro comunitario tivo como obxectivo prestar servizos sociais e reforzar a capacidade das organizacións locais. Así, alén de ofrecerse cursos formativos e servizos básicos á poboación, como biblioteca e aula de informática, o centro é empregado na actualidade para acoller as actividades das asociacións locais.