Co proxecto conseguiuse promover a participación das mulleres e da xente nova das comunidades rurais nos mecanismos formais de participación cidadá establecidos no eido municipal. Para iso formouse a 280 mulleres e mozas, así como un total de 1.529 persoas, en cuestións relativas ao fortalecemento organizativo.