O proxecto centrouse na construción dun centro de apoio onde se imparte asistencia educativa, sanitaria e hixiénica a nenas e nenos entre 3 e 7 anos. Así mesmo, as instalacións empréganse como aula de formación para a poboación adulta e acollen actividades de desenvolvemento social na aldea de Mahanhane.