O programa dá continuidade ás accións xa iniciadas no ano 2007 a través da execución do proxecto “Plaidoyer para aumentar o número de mulleres nas eleccións autárquicas de 2008”. Inseriuse no esforzo de integración dunha abordaxe de xénero na planificación das políticas locais. Para o cumprimento deste obxectivo pretendeuse traballar cos equipos municipais de dous concellos do país e coas organizacións de base. O produto final foi a elaboración de cadanseu Plan de Igualdade e Equidade de Xénero nos municipios e Praia e Paúl. Estes plans prevían a execución de accións específicas para promover a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres, incluíndo actuacións de discriminación positiva, como o establecemento de cotas mínimas de participación feminina e a penalización da violencia de xénero.