O proxecto centrouse na construción dunha escola infantil para garantir que as nenas e nenos da localidade puideran gozar deste servizo, xa que a máis próxima se situaba a varios quilómetros que as persoas habían de percorrer a pé. Así mesmo, a escola emprégase tamén para actividades comunitarias e formativas que se organizan na comunidade.