A construción dun centro comunitario tivo como obxectivo prestar servizos sociais e reforzar a capacidade das organizacións locais. Así, alén de ofrecerse cursos formativos e servizos básicos á poboación, como biblioteca e aula de informática, o centro é empregado na actualidade para acoller as actividades das asociacións locais.
continuarComo resultados do proxecto, nunha primeira fase construíronse un depósito de auga e unha fonte pública comunitaria, que posteriormente se complementaron coa extensión da rede de abastecemento de auga á poboación.
continuarO proxecto consistiu no apoio á elaboración dos Plans Directores Ambientais dos municipios caboverdianos.
continuarPara promover a continuidade de asociacións existentes e a constitución de novas asociacións comunitarias, foron financiados microcircuítos locais, desenvolvidos e implementados polas asociacións comunitarias.
continuarA posta en marcha dunha cooperativa gráfica foi a meta deste proxecto, que xerou emprego para 30 persoas de forma directa. No ano 2005 desenvolveuse a segunda fase do proxecto, xa iniciado no ano anterior. Nesta segunda fase afondouse en cuestións empresariais para dirixir a cooperativa con éxito.
continuarO proxecto incidiu na reconstrución de 10 vivendas sociais co fin de mellorar as condicións de vida e de habitabilidade en termos de seguridade e hixiene de 10 familias do municipio de Paúl.
continuarA actuación consistiu na dotación dos programas informáticos ArcView -que posibilitaron o manexo da base de datos cartográficos xa existente-, capacitación técnica instrumental das municipalidades e das entidades encargadas da xestión do territorio no arquipélago, así como afondamento nas fases de descentralización e asunción de competencias.
continuarA través deste proxecto, á Cámara Municipal de São Vicente puido contar cun camión adaptado para contribuír ás tarefas de saneamento, evitando a obstrución de desaugues e a aparición de perdas residuais que puideran repercutir negativamente no medio ambiente e na saúde das persoas.
continuarA Illa de Santo Antão foi o escenario deste proxecto, que perseguiu atender necesidades urxentes en tres áreas fundamentais: formación laboral, reciclaxe do funcionariado local e todo o relacionado coa educación medioambiental e promoción das tecnoloxías limpas baseadas no uso de enerxías renovables. Deste xeito, asinouse un acordo de colaboración co Centro de Formación Profesional da illa, promoveuse o “mercado…
continuar

