O proxecto en colaboración co municipio de Santa Catarina, en Cabo Verde, consistiu nun programa integral de servizos básicos para a poboación. Levouse a cabo a instalación dun xerador eléctrico de 125 kW e a extensión da rede aérea de baixa tensión ata Rincão Baixo, onde non había electricidade. A prolongación da electricidade foi conectada para o alumeado público e tamén para as casas particulares. Así mesmo, levouse a cabo a extensión da rede domiciliaria de auga e a reparación dunha máquina municipal de produción de xeo para a conservación do peixe, posto que a pesca é a actividade económica principal do concello.