O obxectivo central do proxecto foi o fortalecemento institucional das Mercocidades a través da activa participación dos seus socios, para a construción de novos enfoques de intervención que xeren un encontro entre os postulados políticos e as accións específicas. Para iso, leváronse a cabo accións de intercambio, capacitación e cooperación entre cidades da rede Mercosur. Así mesmo, desenvolvéronse estratexias de…
continuarO desenvolvemento deste proxecto pretendeu contribuír á gobernabilidade democrática e o fortalecemento institucional no territorio en épocas de cambio xeradas polos procesos de globalización e descentralización. As persoas beneficiarias foron autoridades locais, persoal dos municipios, representantes de diversos sectores da sociedade como partidos políticos, líderes comunais, estudantes, etc. O proxecto centrouse en actividades de sensibilización e capacitación, así como en…
continuarO proxecto en colaboración co municipio de Santa Catarina, en Cabo Verde, consistiu nun programa integral de servizos básicos para a poboación. Levouse a cabo a instalación dun xerador eléctrico de 125 kW e a extensión da rede aérea de baixa tensión ata Rincão Baixo, onde non había electricidade. A prolongación da electricidade foi conectada para o alumeado público e…
continuarO proxecto desenvolveuse na área de incidencia do furacán Mitch, que afectou ao estado das vivendas da zona. Este feito, xunto co empobrecemento da poboación, orixinaron que as condicións de habitabilidade estiveran por debaixo do mínimo esixido. Porén, este proxecto apoiou con créditos a 34 familias para a compra de materiais e man de obra, naquelas situacións de especial gravidade,…
continuarAs cidades de Santiago de Compostela e Santiago de Cuba, irmandadas dende 1992, levaron a cabo a través desta iniciativa un intercambio de experiencias en materia de conservación e valorización do patrimonio cultural. O proxecto encamiñouse á elaboración do Plan Maestro da cidade de Santiago de Cuba, para o que se transferiron os recursos necesarios e asistencia técnica. A actuación…
continuarEste proxecto forma parte dun programa de desenvolvemento integral para o municipio de El Paraíso que pretende dotalo de infraestruturas básicas: luz eléctrica e alumeado público para as comunidades rurais e urbanas. O proxecto foi definido polas autoridades locais en colaboración coas entidades civís e de representación social da zona. As beneficiarias foron 12 familias que viven no Caserío Agua…
continuarNo marco do programa “Novos modelos de xestión municipal democráticos”, no que participaron outros Fondos de Cooperación a nivel estatal integrados na Confederación de Fondos, a achega do Fondo Galego destinouse á construción desta infraestrutura elemental, que permitiu acadar unha mellora substancial na organización e desenvolvemento das vidas e economías de varias comunidades, fisicamente distanciadas, así como solucionar problemas relativos…
continuar![Obxectivos de Desenvolvemento Sostible [11] Cidades e comunidades sostibles](https://fondogalego.gal/wp-content/uploads/fondogalego-odm-11-cidades-e-comunidades-sostibles-500x500.png)

