Apoiouse á recuperación de casas familiares devastadas polos furacáns Gustav e Ike na provincia de Pinar del Río, Cuba.
continuarPara reducir a incidencia do mal de chagas, xerado polo insecto co mesmo nome que se atopa en lugares insalubres, así coma outro tipo de vulneracións de dereitos que se producen na precariedade das vivendas da poboación indíxena chorotega, o INPRHU puxo en marcha un dos seus principais programas a través da autoconstrución de vivendas. Capacítase nesta materia á poboación…
continuarMellorar a calidade de vida dos residentes do centro histórico de Santiago de Cuba foi o propósito deste programa, a través do que se favoreceron as condicións de habitabilidade en 78 vivendas. O Plan de Revitalización do Centro Histórico de Santiago de Cuba, apoiado polo Fondo Galego, tivo como un dos seus obxectivos elevar a calidade de vida da súa…
continuarO proxecto pretendeu contribuír a mellorar a calidade de vida da poboación refuxiada e para tal fin rehabilitáronse as vivendas, diminuíndo así os problemas de saúde e creándose oportunidades de emprego.
continuarA construción dun centro comunitario tivo como obxectivo prestar servizos sociais e reforzar a capacidade das organizacións locais. Así, alén de ofrecerse cursos formativos e servizos básicos á poboación, como biblioteca e aula de informática, o centro é empregado na actualidade para acoller as actividades das asociacións locais.
continuarA actuación consistiu na dotación dos programas informáticos ArcView -que posibilitaron o manexo da base de datos cartográficos xa existente-, capacitación técnica instrumental das municipalidades e das entidades encargadas da xestión do territorio no arquipélago, así como afondamento nas fases de descentralización e asunción de competencias.
continuarCoa meta de fortalecer a xestión municipal do desenvolvemento rural e a participación cidadá dos 12 distritos da provincia de Huaral, realizáronse actividades de capacitación ás autoridades locais, líderes e cidadanía, co obxectivo de que participaran na formulación e xestión dos plans de desenvolvemento local.
continuarA través do proxecto construíuse unha ponte para facilitar o desprazamento das e dos habitantes cara a cidade para poder acceder a un mellor mercado laboral e evitar así actividades ilícitas, ter mellor acceso á sanidade, á alimentación, á escolarización e demais servizos.
continuarMellorar as condicións de vida das e dos habitantes de Cochabamba, e concretamente de 31 comunidades rurais, foi o obxectivo deste proxecto, a través do que se adquiriron 82 bicicletas para promotoras e promotores comunitarios que non dispoñían dun medio de transporte público regular que lles facilitara o labor de voluntariado nas comunidades nos eidos da saúde e a educación.
continuarO obxectivo central do proxecto foi o fortalecemento institucional das Mercocidades a través da activa participación dos seus socios, para a construción de novos enfoques de intervención que xeren un encontro entre os postulados políticos e as accións específicas. Para iso, leváronse a cabo accións de intercambio, capacitación e cooperación entre cidades da rede Mercosur. Así mesmo, desenvolvéronse estratexias de…
continuar![Obxectivos de Desenvolvemento Sostible [11] Cidades e comunidades sostibles](https://fondogalego.gal/wp-content/uploads/fondogalego-odm-11-cidades-e-comunidades-sostibles-500x500.png)



