Ligazóns para difusión

Share on WhatsApp Share on Telegram Share on LinkedIn

ODS 11: Cidades e comunidades sostibles

Lograr que as cidades sexan máis inclusivas, seguras, resilientes e sustentables.

As cidades permitiron prosperar a moitas persoas, pero para que continúen sendo fonte de emprego e riqueza deben seguir ofrecendo servizos, vivendas e infraestruturas axeitadas sen deteriorar o medio ambiente nin o patrimonio cultural. Cómpre actuar sobre os barrios marxinais, así como facilitar a participación da veciñanza na xestión de calquera asentamento humano.

Obxectivos de Desenvolvemento Sostible [11] Cidades e comunidades sostibles
Nadafa II

Nadafa II

Nadafa II 720 386 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O proxecto Nadafa busca mellorar a xestión dos residuos na wilaya de Bojador e 2023 foi o seu segundo ano de implementación. Co fin de incidir na limpeza e salubridade da wilaya, contratouse a dez operarias e operarios para incrementar a frecuencia e eficacia na recollida dos residuos. Ao mesmo tempo, intensificáronse as actividades de sensibilización dirixidas á poboación, incluíndo…

continuar
continuar
Nadafa I

Nadafa I

Nadafa I 1032 477 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O proxecto Nadafa actuou en dúas vertentes. Por unha banda, mellorouse a xestión dos residuos na Wilaya (equivalente a unha provincia) de Bojador, para o que se construíron un total de 12 pequenos recintos (1 por barrio) onde os habitantes de cada barrio poden depositar as bolsas de lixo. Así mesmo, contratáronse a 20 operarias e operarios para aumentar a…

continuar
continuar
Axuda de emerxencia tras o paso do ciclón Idai

Axuda de emerxencia tras o paso do ciclón Idai

Axuda de emerxencia tras o paso do ciclón Idai 2404 1600 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

A achega destinouse a paliar a emerxencia xerada tras o paso do devastador ciclón Idai, concretamente apoiando a reconstrución da vila de Nhamatanda, unha das máis prexudicadas tanto polo furacán como polo brote de cólera que lle seguiu. A ANAMM identificou como prioridade a dotación de depósitos de auga, produtos para o seu tratamento, útiles de hixiene persoal e limpeza…

continuar
continuar
Casas provisionais para 5 familias afectadas pola erupción do Volcán de Fuego

Casas provisionais para 5 familias afectadas pola erupción do Volcán de Fuego o 3 de xuño de 2018

Casas provisionais para 5 familias afectadas pola erupción do Volcán de Fuego o 3 de xuño de 2018 1600 1200 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O 3 de xuño de 2018, o Volcán de Fuego, situado na zona central de Guatemala, iniciou unha forte actividade que desembocou na erupción máis virulenta dos últimos corenta anos. A poboación da contorna non foi evacuada, co que 131 persoas quedaron sepultadas e centos delas desaparecidas. As e os afectados abrigáronse principalmente en refuxios onde recibían manutención, vestimenta, medicamentos…

continuar
continuar
Melloradas as condicións de habitabilidade e salubridade de 6 familias chorotegas de Totogalpa

Melloradas as condicións de habitabilidade e salubridade de 6 familias chorotegas de Totogalpa

Melloradas as condicións de habitabilidade e salubridade de 6 familias chorotegas de Totogalpa 2080 1368 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Mellorar as condicións de habitabilidade e salubridade de 6 familias da comunidade de La Muta foi o propósito do presente proxecto. O acceso a unha vivenda segura foi o resultado da acción, a través de dous aspectos básicos: a autoconstrución de 6 vivendas e a capacitación da poboación beneficiaria en materia de autoconstrución de vivendas, agricultura biolóxica e sanidade medioambiental.

continuar
continuar
Melloradas as condicións de habitabilidade e salubridade de familias chorotegas de Totogalpa

Melloradas as condicións de habitabilidade e salubridade de familias chorotegas de Totogalpa

Melloradas as condicións de habitabilidade e salubridade de familias chorotegas de Totogalpa 1024 768 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O dereito á vivenda en Nicaragua está fortemente relacionado co dereito á saúde (especialmente para mitigar o mal de chagas) e o dereito á alimentación. Por tanto, o programa tivo como obxectivo a autoconstrución de 11 vivendas na microrrexión de Santo Domingo, en San José de Palmira-Quebrada Grande, no primeiro ano, e de 12 no segundo. Para iso, o INPRHU…

continuar
continuar
Recalificación urbana no municipio de Paúl

Recalificación urbana no municipio de Paúl

Recalificación urbana no municipio de Paúl 2000 1500 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O obxectivo deste programa foi o de mellorar as condicións de vida das persoas máis empobrecidas das localidades de Eito, no primeiro ano, e Lombo Comprido, no segundo, no municipio do Paúl, así como a estética do lugar, a través da creación das condicións mínimas de habitabilidade. Para isto executáronse obras de mellora do acabado das casas, a construción de…

continuar
continuar
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Xestión do desenvolvemento sostible en municipios rurais andinos

Xestión do desenvolvemento sostible en municipios rurais andinos 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O proxecto promoveu o desenvolvemento de capacidades de xestión e planificación en 7 municipalidades distritais e 23 comunidades campesiñas da Provincia de Huaral, Rexión de Lima-Provincias. Participou persoal municipal e líderes/esas comunitarios/as, a fin de fortalecer unha xestión local que tomara como eixos prioritarios o desenvolvemento sustentable e a erradicación da pobreza. Incluíu actividades formativas, con edición de materiais educativos,…

continuar
continuar
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Acción de emerxencia en Gaza

Acción de emerxencia en Gaza 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O 31 de Agosto de 2009, o Comité Español da UNRWA e o Fondo Galego asinaron un convenio comprometéndose á realización de actuacións de post-emerxencia na Faixa de Gaza, coa finalidade de apoiar a mellora da situación da poboación palestina, agravada cos bombardeos israelitas que tiveron lugar entre decembro de 2008 e xaneiro de 2009. Esta iniciativa estivo destinada a…

continuar
continuar
7 Xuño 20202008-2009 Axuda humanitariaÁsiaSiria
Reconstrución do campo de refuxiados de Neirab

Reconstrución do campo de refuxiados de Neirab

Reconstrución do campo de refuxiados de Neirab 976 720 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O programa de emerxencia tivo como fin mellorar as condicións de vida das persoas refuxiadas de Palestina que habitan o campo de Neirab, en Siria, mediante a construción de 9 vivendas e a mellora das infraestruturas circundantes: sumidoiros e recollida de residuos sólidos, alumeado eléctrico, asfaltado de rúas, etc. Rehabilitáronse espazos socioeconómicos en uso (negocios familiares) existentes nas plantas baixas…

continuar
continuar
Back to top
Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
Máis información