Ligazóns para difusión

Share on WhatsApp Share on Telegram Share on LinkedIn

ODS 17: Alianzas para lograr os obxectivos

Revitalizar a Alianza Mundial para o Desenvolvemento Sostible.

Para que unha axenda de desenvolvemento sostible sexa eficaz precísanse alianzas entre os gobernos, o sector privado e a sociedade civil. Estas alianzas constrúense sobre principios e valores compartidos, e créanse a nivel local, rexional, estatal e mundial. Os países máis desenvolvidos teñen a responsabilidade de apoiar a aqueles menos adiantados para mellorar a vida das persoas.

Obxectivos de Desenvolvemento Sostible [17] Alianzas para lograr os obxectivos
Xuntanza da Comisión Executiva do Fondo Galego no Concello das Neves.

O Fondo Galego aproba nas Neves un intenso programa de actividades para o pechar o ano

O Fondo Galego aproba nas Neves un intenso programa de actividades para o pechar o ano 2000 1496 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
    Alcaldes e edís dos concellos que integran a Comisión Executiva desta rede reuníronse no municipio para concretar as accións en Galicia e no exterior Entre elas, proxectos en África e Latinoamérica, a cooperación realizada por persoal municipal ou a formación sobre axuda humanitaria e irmandamentos. continuar
continuar
7 Setembro 2026EuropaLisboa
Juan González e Luís Campos Ferreira asinaron o acordo.

A UCCLA e o Fondo Galego de Cooperación reforzan a colaboración institucional

A UCCLA e o Fondo Galego de Cooperación reforzan a colaboración institucional 2048 1365 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
Os responsables de ambas as dúas redes de municipios asinan en Lisboa un Protocolo de Cooperación para promover iniciativas conxuntas. continuar
continuar

Un bombeiro de Santiago e técnicos deportivos de Trazo e Lousame cooperan en Mozambique

Un bombeiro de Santiago e técnicos deportivos de Trazo e Lousame cooperan en Mozambique 2560 1659 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
Os traballadores municipais prestarán a súa asistencia a través do programa Especialistas en Cooperar do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. O presidente da entidade acompañounos na xornada formativa celebrada esta mañá en Pontevedra para preparar a súa próxima estadía no país africano. continuar
continuar

O programa Especialistas en Cooperar enviará persoal municipal a Mozambique e Cabo Verde

O programa Especialistas en Cooperar enviará persoal municipal a Mozambique e Cabo Verde 2390 2390 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade oferta cinco prazas para reforzar aos concellos e organizacións que vén apoiando na África lusófona. Técnicas e técnicos das áreas de turismo, agronomía, deportes e emerxencias teñen ata o 14 de xuño para enviar a súa solicitude. continuar
continuar

A Unión Nacional de Mulleres Saharauís consolídase como espazo de resistencia  

A Unión Nacional de Mulleres Saharauís consolídase como espazo de resistencia   1080 614 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade cofinancia o X Congreso da UNMS celebrado esta semana nos campamentos de persoas refuxiadas. As sesións abordaron o papel da muller na promoción da paz e na loita contra o cambio climático, alén de impulsar o empoderamento e o liderado feminino. continuar
continuar

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade impulsa a Rede de Electas Municipais de Galicia

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade impulsa a Rede de Electas Municipais de Galicia 1920 1280 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
A Asemblea Xeral aproba a proposta para crear esta alianza de alcaldesas e concelleiras, seguindo a estela das compañeiras de Mozambique e Cabo Verde. Cinco organizacións presentaron os proxectos aprobados na convocatoria de axudas para ONGD que están a desenvolver en África e Latinoamérica. continuar
continuar
O presidente e a coordinadora do Fondo Galego asistiron ao desfile conmemorativo.

O Fondo Galego participa nos campamentos saharauís na celebración dos 50 anos da RASD

O Fondo Galego participa nos campamentos saharauís na celebración dos 50 anos da RASD 1600 1200 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
O presidente do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, Juan González, saudou ao presidente da República e ao ministro de Exteriores. O apoio á causa refórzase con dous proxectos vinculados á igualdade de xénero e un ciclo de charlas de sensibilización en dez concellos galegos. continuar
continuar
5 Marzo 2026ÁfricaCabo Verde
II Encontro Internacional de Mulleres Electas ‘As Elixidas’,

Máis de 130 electas municipais de África e Galicia comparten experiencias en Cabo Verde

Máis de 130 electas municipais de África e Galicia comparten experiencias en Cabo Verde 2386 2560 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
Alcaldesas e concelleiras dunha ducia municipios galegos participarán os días 12 e 13 de marzo no II Encontro Internacional de Mulleres Electas ‘As Elixidas’. O Fondo Galego de Cooperación impulsa o intercambio de experiencias para promover a participación igualitaria e o enfoque de xénero na política local. continuar
continuar

O Fondo Galego reivindica a causa saharauí no 50º aniversario da RASD

O Fondo Galego reivindica a causa saharauí no 50º aniversario da RASD 2040 1530 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
A Comisión Executiva da entidade denunciou a ocupación marroquí e defendeu os dereitos do pobo saharauí na xuntanza celebrada no Concello de Santiago. Os alcaldes de Nigrán, Cuntis e As Neves e mais edís de Compostela e Oleiros presentes no encontro recibiron a activistas do comercio xusto de El Salvador. continuar
continuar

A Confederación de Fondos conmemora en Madrid 30 anos de cooperación internacional desde o local

A Confederación de Fondos conmemora en Madrid 30 anos de cooperación internacional desde o local 1600 1064 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
A Secretaria de Estado de Cooperación Internacional, Eva Granados, recibiu a unha delegación da entidade vicepresidida por Juan González, presidente do Fondo Galego. continuar
continuar
Back to top
Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
Máis información