Mellora das capacidades para a prevención de desastres da poboación de Habana Vieja, recuperando o patrimonio cultural do municipio

Mellora das capacidades para a prevención de desastres da poboación de Habana Vieja, recuperando o patrimonio cultural do municipio 2304 1728 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

A iniciativa contribuíu a mellorar as capacidades da veciñanza da Habana Vieja para a prevención de desastres facilitando a posta en marcha dun Centro de Interpretación da Meteoroloxía no antigo convento de Belén, á vez que se contribuíu a recuperar un Ben de Interese Cultural. A actuación financiada centrouse na torre do que fora un importante observatorio e que a posteriori se reconverterá nun museo para concienciar á poboación cubana sobre as tormentas tropicais e furacáns que lles afectan periodicamente, co fin de reducir a vulnerabilidade fronte a estes fenómenos, á vez que suporá un incentivo para o turismo e permitirá crear novos postos de traballo. En concreto, a intervención permitiu rehabilitar a escaleira central, elemento de articulación entre as diferentes zonas que tamén se empregará como espazo museístico, instalando ademais sistemas de protección, iluminación e paneis gráficos.

    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información