Mellorar os servizos de educación e sanidade na escola de Hitakula das Mahotas (Maputo) foi o obxectivo deste proxecto, a través de diversas accións orientadas á mellora do sistema de auga e saneamento da escola: limpeza, ampliacións e instalación do sistema de saneamento no centro escolar. O proxecto está integrado nun programa denominado “Mellora das condicións educativas da Escola e Centro Infantil Hitakula”, que ten por obxectivo mellorar as condicións da educación e sanidade do centro. A escola, construída no ano 2002 por Adane Moçambique coa cooperación española, foi deseñada para albergar a 1.200 estudantes, pero o rápido crecemento demográfico ocasionou que o número sexa o dobre, o que provoca un deterioro nas instalacións.