A redución da vulnerabilidade do risco de inundacións en comunidades e centros escolares dos municipios de Tecoluca e Zacatecoluca foi a meta deste proxecto que, alén destas actividades, amplificou os resultados desta formación e a capacidade de reacción das comunidades ante unha emerxencia a través da radio comunitaria. Para lograr este obxectivo planificáronse accións dirixidas a 11 centros de ensino de 12 comunidades de dous municipios do Bajo Lempa, unha rexión salvadoreña fortemente afectada polas inundacións e cunha poboación sumida no empobrecemento extremo.