O presente proxecto tratou de pór en valor os recursos naturais e sociais para potenciar o turismo rural comunitario no municipio de Totogalpa. A proposta centrouse no fortalecemento do Centro de Educación Alternativa Rural (CEAR) Telpochcalli para lograr a través do mesmo promocionar e colocar a Totogalpa como destino turístico. O CEAR tería un rol promotor e prestador de servizos de animación e información turística. Ao finalizar o proxecto, tívose mellorado na produción de bens e servizos, e incrementado os ingresos e a contribución á sustentabilidade financeira do CEAR Telpochcalli e o seu funcionamento e autonomía. Mais, sobre todo, agardábase potenciar o desenvolvemento e posicionamento de Totogalpa como destino, a chegada de visitantes e os beneficios económicos que se xeran para o importante sector rural campesiño implicado e asentado nas zonas de atractivo turístico.