A promoción da participación e implicación das mulleres quechuas e aimaras organizadas da Rexión de Puno foi a estratexia que seguiu este proxecto para conseguir a mellora da efectividade da ruta de atención da violencia familiar e sexual nos distritos de Acora, Lampa e Puno. Esta proposta incidiu na consolidación da implicación das mulleres quechuas e aimaras organizadas para conseguir a mellora da efectividade da ruta de atención da violencia familiar e sexual, e contou con dous compoñentes principais: 1) capacitación ás mulleres beneficiarias en plans de vixilancia e incidencias na ruta de atención á violencia familiar e sexual, e 2) sensibilización e promoción cos operadores xudiciais, policiais e fiscais mediante unha campaña de comunicación contra a violencia exercida contra as mulleres, co obxectivo de promover accións de prevención e a aplicación da xustiza oportuna e respectando o exercicio de dereitos das vítimas.