Oferta de emprego da Confederación de Fondos

Oferta de emprego da Confederación de Fondos

Oferta de emprego da Confederación de Fondos 715 310 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

FUNCIÓNS:

  • As relativas a facilitar as relacións entre os diversos Fondos de Cooperación e a coordinación do traballo das e dos distintos xerentes de cada un dos Fondos.
  • Preparación de reunións, redacción das actas e execución dos acordos.
  • Responsable da administración e xestión económica xunto coa Tesoureira da Confederación.
  • Revisión e apoio do traballo realizado en todas as áreas de actuación da Confederación.
  • Comunicación: Redacción e envío de notas de prensa. Xestión de entrevistas. Relación cos medios de comunicación. Actualización da páxina web e redes sociais da Confederación.
  • Acompañamento en viaxes institucionais e outras funcións similares que lles sexan asignadas.

PERFIL REQUERIDO:

  • Grao de Ciencias Políticas e da Administración, Xestión Pública, Relacións Internacionais ou similar.
  • Cursos ou Máster en Cooperación para o Desenvolvemento.
  • Experiencia de traballo en cooperación para o desenvolvemento, principalmente en tarefas de coordinación e xerencia.
  • Manexo avanzado das principais ferramentas informáticas.
  • Capacidade de análise e redacción.
  • Capacidade de proposta, análise, iniciativa e traballo en equipo.
  • Capacidade de organización e planificación e de traballar autonomamente nas tarefas asignadas.
  • Dispoñibilidade para viaxar.
  • Idiomas: galego e castelán.

VALORARASE:

  • Formación e experiencia específica en cooperación municipalista.
  • Experiencia de traballo coa administración pública.
  • Nivel acreditable de inglés, catalán e vasco.

CONDICIÓNS DE TRABALLO:
Lugar de traballo: Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Rúa Luís Braille, nº40, s/n. 36003. Pontevedra (Pontevedra)
Data de incorporación: Xuño de 2018
Salario: 10.460€ brutos/anuais
Tipo de contrato: por obra e servizo. Media xornada

PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS:
Prazo: do 2 ao 30 de maio
Enviar carta de presentación e CV por email a: comunicacion@fondogalego.org
Ref. Coordinación Confederación.

PROCESO DE SELECCIÓN:
As persoas seleccionadas serán citadas a unha entrevista persoal no lugar e data que lles serán comunicados.

Versión en PDF

Back to top
Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
Máis información