Ligazóns para difusión

Share on WhatsApp Share on Telegram Share on LinkedIn

ODS 8: Traballo decente e crecemento económico

Promover o crecemento económico inclusivo e sustentable, o emprego e o traballo decente para todas as persoas.

A creación de empregos de calidade constitúe un grande desafío para case todos os países, pola falta de emprego ou ben porque ter un traballo non sempre permite saír da pobreza. Cómpre crear oportunidades laborais con condicións decentes e estimular a economía sen fomentar as desigualdades nin prexudicar o medio ambiente, así como poñer fin ao traballo infantil e á explotación.

Obxectivos de Desenvolvemento Sostible [8] Traballo decente e crecemento económico
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Educación técnico-agropecuaria para adolescentes e mocidade rural do municipio de Las Sabanas

Educación técnico-agropecuaria para adolescentes e mocidade rural do municipio de Las Sabanas 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Co fin de impulsar un desenvolvemento integral, autoxestionado e sostibe, a través do proxecto formouse a mozos e mozas en xestión técnica agropecuaria.

continuar
continuar
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Turismo solidario: un xeito innovador e creativo de promover o emprego xuvenil e a identidade local

Turismo solidario: un xeito innovador e creativo de promover o emprego xuvenil e a identidade local 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Esta iniciativa tivo por obxectivo, alén de fortalecer novos mecanismos de emprego e xestión turística, fortalecer a identidade cultural da poboación local, así como impulsar as organizacións locais, as agrupacións xuvenís e artesás. O proxecto consistiu na realización de actividades de promoción do programa e recadación de fondos, capacitación a guías, obradoiros de capacitación aos membros da rede, escola de…

continuar
continuar
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Escola de enfermería de Sucre

Escola de enfermería de Sucre 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

A través do proxecto mellorouse a calidade de vida da poboación de Sucre, en Bolivia, mediante a creación da escola de auxiliares de enfermería, con capacidade para 80 alumnas e alumnos que carecían de posibilidades para continuar os seus estudos. Deste xeito, e nun período de dous anos, esta mocidade podería integrarse no mercado laboral cunha formación no sector.

continuar
continuar
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Formación profesional básica en canalización hidráulica, electricidade básica e electricidade industrial

Formación profesional básica en canalización hidráulica, electricidade básica e electricidade industrial 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Este proxecto formativo tivo como meta a capacitación xuvenil en eidos con especial demanda para compensar a falta de man de obra local cualificada.

continuar
continuar
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Capacitación de mocidade

Capacitación de mocidade 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Contribuíuse con este proxecto á autosostibilidade da mocidade grazas á formación profesional de 130 mozas e mozos en artesanía, danza, asociacionismo, manutención e informática.

continuar
continuar
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Mellora do nivel de vida e formación dos pescadores artesanais de Nouadhibou Localización: Porto de Nouadhibou

Mellora do nivel de vida e formación dos pescadores artesanais de Nouadhibou Localización: Porto de Nouadhibou 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Conseguiuse a mellora das condicións de vida e o incremento dos ingresos dos pescadores artesanais desta zona de Mauritania mediante a formación no tratamento, manipulación e comercialización do peixe. Por outro lado, para incidir na diminución da taxa de riscos laborais, melloráronse as condicións de navegación e seguridade a bordo das embarcacións.

continuar
continuar
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Educación alternativa rural técnica integral para adolescentes e mocidade rural no municipio de Las Sabanas

Educación alternativa rural técnica integral para adolescentes e mocidade rural no municipio de Las Sabanas 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Co obxecto de mellorar a calidade de vida da mocidade rural, realizáronse unha serie de programas de formación técnica e do ciclo básico de secundaria. Estas aprendizaxes foron útiles para promover o desenvolvemento integral, autoxestionado e sostible desta zona rural nicaraguana, que ten no agro o seu modo de subsistencia.

continuar
continuar
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Mellora integral das condicións de vida das comunidades da liña costeira do municipio de Balfate

Mellora integral das condicións de vida das comunidades da liña costeira do municipio de Balfate 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

As accións previstas polo proxecto incluíron un plan de capacitación de líderes comunitarios e o fortalecemento das organizacións produtivas na súa constitución, xestión e funcionamento, para o acceso e ingreso dos grupos de mulleres de Río Esteban e Río Coco.

continuar
continuar
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Cooperativa gráfica en Santo Antão. Cara novos espazos de integración sociolaboral

Cooperativa gráfica en Santo Antão. Cara novos espazos de integración sociolaboral 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

A posta en marcha dunha cooperativa gráfica foi a meta deste proxecto, que xerou emprego para 30 persoas de forma directa. No ano 2005 desenvolveuse a segunda fase do proxecto, xa iniciado no ano anterior. Nesta segunda fase afondouse en cuestións empresariais para dirixir a cooperativa con éxito.

continuar
continuar
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Integración dos mozos e mozas de Zacamil 1 e San Rafael na vida laboral e produtiva da zona

Integración dos mozos e mozas de Zacamil 1 e San Rafael na vida laboral e produtiva da zona 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O proxecto fixo fincapé na formación de mozas e mozos en xastraría e serigrafía para aumentar as oportunidades de inserción no mercado laboral, ofrecéndose unha alternativa á delincuencia que asolaba ao país. Neste senso, realizáronse cursos de formación e rehabilitáronse dúas infraestruturas comunais para poder impartir as aulas.

continuar
continuar
    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información