O Fondo Galego inicia os Encontros con representantes locais dos tres grandes partidos

O Fondo Galego inicia os Encontros con representantes locais dos tres grandes partidos

O Fondo Galego inicia os Encontros con representantes locais dos tres grandes partidos 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O Fondo Galego de Cooperación inicia este venres os Encontros 'Institucións locais e solidariedade', aos que se convoca os representantes políticos das Deputacións e Concellos socios. A primeira das tres xuntanzas, que se celebrará a partir das 10.30 horas na sede do PPdeG en Santiago de Compostela, está dirixida aos membros do Partido Popular. Os encontros con PSdeG-PSOE e BNG terán lugar no primeiro trimestre de 2012.

Abrirá a xornada a deputada no Parlamento de Galicia, María Seoane, e falará a continuación a presidenta do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, Teresa París. A Secretaría Técnica (Igadi) fará logo un balance da traxectoria da entidade e tamén participará o director de Servizos Sociais do Concello da Coruña, José Luis Quintela, membro da Comisión Executiva. Antes de dar paso ás conclusións, intervirá unha técnica de cooperación internacional da Xunta de Galicia.

Esta actividade enmárcase no Plan de Sensibilización do Fondo Galego, como unha fórmula de diálogo cos tres partidos políticos maioritarios en Galicia, piares do proceso de nacemento e consolidación da propia entidade. Tras o cambio de lexislatura, preténdese reflexionar sobre o compromiso das institucións locais coa solidariedade e muscular a implicación dos partidos políticos co Fondo Galego de Cooperación, despois de quince anos de andaina.

PPdeG, PSdeG e BNG están representados na Comisión Executiva, órgano directivo da asociación, e son artífices do consenso que vén rexendo o seu funcionamento. Trátase agora, pese ao contexto de crise económica, de non dar pasos atrás. O obxectivo é renovar ese compromiso e fortalecer esta rede de institucións e persoas a prol da solidariedade internacional, da promoción dos Dereitos Humanos, do desenvolvemento dos países do Sur e da sensibilización da cidadanía galega.

AXENDA DA XORNADA

10.30h   María Seoane, deputada do Parlamento de Galicia. Apertura dos Encontros.
10.45h   Teresa París, presidenta do Fondo Galego e concelleira de Servizos Sociais, Muller e Ensino en Redondela. Os Encontros 'Institucións locais e Solidariedade'.
11.00h   Secretaría Técnica (Igadi). '15 anos de andaina'.
11.30h   Pausa-café
12.00h   José Luis Quintela, director da Área de servizos sociais do Concello da Coruña e membro da Comisión Executiva do Fondo Galego. 'O traballo municipalista do Fondo'.
12.30h   Carolina Diz, técnica de cooperación internacional da Xunta de Galicia. 'A cooperación galega'.
13.30h   Secretaría Técnica (Igadi) e Teresa París: conclusións.

Carta de invitación
Documento base

    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información