Diego Sánchez Calviño (Ourense, 1981) é diplomado en Turismo pola Universidade de Vigo e está especializado en Dirección e Planificación do Turismo. De 2010 a 2012 traballou como técnico en Turismo no Concello de Castrelo de Miño, e en 2011 viaxou a Nicaragua no marco do programa de voluntariado internacional Vacacións de Traballo, promovido polo Fondo Galego. Actualmente desenvolve o seu labor profesional no eido da formación a desempregados.
1. Diego, gustaríame saber con que problemas te atopaches ao chegar: infraestructuras, abastecemento… Graciñas.
Problema ningún, dende que chegas ao aeroporto recíbeche unha persoa do INPRHU-Somoto que se encarga de todo e te leva á casa na que vivirás.
No día a día hai algunhas cousas diferentes ás de eiquí, como pode ser que non hai auga quente. Ás veces hai cortes de luz, a conexión a internet non está moi espallada; pero nada que supoña unha incomodidade importante. Unha aventura interesante é desprazarse en autobús interurbano, xa que non ten prazas máximas e ten que entrar todo o mundo, polo que ás veces parece unha lata de sardiñas.
2. Ola Diego! Eu quería saber que che aportou a experiencia a nivel persoal e profesional.
Primeiro a nivel profesional, confirmoume que son moito máis importantes as ideas e as ganas de facer cousas cós cartos. Moitas veces, eiquí parece que sen grandes presupostos non se pode facer nada, mais alá demóstrase que con vontade e imaxinación poden acadarse os obxectivos.
A nivel persoal conectas con outra realidade que te recorda que a vida é moito máis sinxela do que a facemos nesta parte do mundo, e recordas un pouco as orixes. Sempre digo que a situación en Totogalpa recordábame á Galicia de fai unhas décadas.
3. Ola! Desde AGARESO gustaríanos saber se tiveches algún contacto con medios comunitarios da zona e se os parceiros do Fondo ou as xentes do lugar lle dan importancia ás ferramentas comunicativas. Grazas!
Eu non tiven contacto directo cos medios, pero sei da importancia que ten a radio como medio de comunicación nun espazo con moita dispersión poboacional, sen subministro de electricidade ou con difíciles accesos. Neste contexto, existen emisoras como Radio Ecológica Somoto, que se adican en exclusiva á divulgación sobre conservación do medio ambiente, cultura, dereitos humanos… http://radioecologicasomoto.blogspot.com.es/.
4. Ola, bos días! Gustaríame preguntarche como te recibiu a comunidade. Son reacios á axuda exterior ou non? Grazas.
Ola Vanesa! A comunidade é moi acolledora, recíbente e ofrécenche o que necesites, incluso nos lugares máis pobres. Tamén son bastante tímidos e serios, mentres non teñen confianza. En absoluto son reacios, alí traballan moitas ONG de todas as partes do mundo e están moi agradecidos, supoño que en parte porque as axudas están canalizadas a través de organizacións nicaragüenses, o que fai que a integración sexa máis sinxela. Unha das cousas curiosas é a cantidade de carteis de "Proxecto financiado por tal ONG" que podes ver!
5. Buenas Diego. Me gustaría saber en que temas de promoción turística se avanzó durante su estancia en Totogalpa. Saludos.
Durante mi estancia en 2011 aún se estaba trabajando en la fase previa de puesta en valor de los recursos turísticos y capacitación de las personas, así que la promoción se realizó más adelante. Se llevó a grupos de jóvenes como en una especie de fam-trips para que conociesen las rutas de senderismo que se estaban creando y se participó en la Feria Turística de Ometepe. El año pasado sí que ya se comenzó con la fase de promoción propiamente, por ejemplo con la creación de este vídeo: http://www.youtube.com/watch?v=CfX3y7K8dqM.
6. Hola Diego, a mí me gustaría saber si tienes alguna anécdota que destaques de tu estancia allí. Gracias.
El medio de transporte habitual entre mi lugar de residencia (Somoto) y de trabajo (Totogalpa) era en la parte trasera de una camioneta tipo pickup; cada viaje era una miniaventura, viendo la vida que rodea a la carretera Panamericana, sintiendo el viento, cantando,… era una sensación genial!! La que más echo de menos!! Tampoco olvidaré el descenso de barrancos por el Cañón de Somoto: http://namancambretours.nicaragua-info.com/wordpress/wp-content/uploads/2013/04/P10204891-1000×490.jpg.
7. Diego, gustaríanos coñecer o papel do asociacionismo local no proceso de desenvolvemento liderado polo INPRHU. Hai moitas asociacións? De que tipo? Están moi marcadas politicamente?
Ben, o concepto asociacionismo como o coñecemos eiquí apenas existe; alí fálase máis de traballo en comunidade. A dispersión poboacional é moi grande e, concretamente, un dos proxectos que se desenvolvían era dotar de casas e un pequeno terreo a persoas necesitadas, polo que o sentimento de territorio/veciñanza tampouco está arraigado. Por iso, un dos importantes traballos que leva adiante o INPRHU é a creación de espazos comunitarios, onde se coñezan, se relacionen, se axuden… O tema político é complexo, xa que a política está presente no día a día (as rúas están cheas de postes pintados coas cores do Frente Sandinista), o INPRHU non ten cor política, pero ao desenvolver tantos programas, obviamente ten relacións e tiras e afrouxas cos partidos gobernantes.
8. Está claro que tu viaje en Nicaragua tenía como objetivo desarrollar su realidad, transmitir conocimientos a un país emergente, pero, tras tu experiencia, ¿Quién ha cambiado más? ¿La gente con tus enseñanzas o tú con lo qué has aprendido de ellos?
No hay duda de que para mí!! Lo que yo pude aportar no deja de ser lo que una persona puede aportar en un mes a un trabajo de más de 2 años y de muchas personas; espero haber ayudado en algo, pero como es lógico el que más he aprendido soy yo, que soy quien llegó a un nuevo país, cultura, forma de trabajo…
9. Pregunta para Diego Sánchez Calviño: Como foi a relación coa ONG de Nicaragua? Un saúdo!
Pois ademais de ser uns excelentes anfitrións, son unhas persoas moi interesantes, que levan moito tempo traballando en proxectos sociais e polo tanto teñen moito coñecemento acumulado, pero iso non supón que non escoiten as túas propostas, ao contrario, sempre abertos a novas ideas. Outra cousa moi positiva é a colaboración con moitas ONG's de distintos lugares, polo que tamén coñeces xente de distintos países, o que fai a experiencia aínda máis interesante!
10. Entendo que está todo por facer… Noraboa e moito ánimo!!
Aínda queda moito por facer, pero avanzouse moito. O pasado mes de abril publicouse esta nova que me encheu de ledicia: http://www.elnuevodiario.com.ni/especiales/283877-somoto-libre-de-infantil
11. Moi boas, por que te decidiches a participar neste proxecto? Foi como te esperabas?
Participei porque a vida componse de experiencias, e Vacacións con Traballo é unha oportunidade das que non se poden deixar pasar. Para min foi a primeira vez en cruzar o Atlántico; coñecer un país, xente, cultura… novas; desconectar da vida habitual; e poder axudar un pouquiño. Ademais o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade financia case todo, polo que non había nin sequera a escusa económica. Un saúdo!
12. Graciñas compañeiro! O realmente importante é que a sociedade civil traballe en equipo, tanto no Norte coma no Sur. Apertas!
Estou dacordo coa Asociación Mozas e Mozos, temos que liberarmos do egoísmo que impera hoxe en moitos ámbitos e volver darlle valor á comunidade/asociación/veciñanza ou o "crowd" do que se fala agora. Saúdos!
13. ¿Qué te llevó a ir a Nicaragua? ¿Te sorprendió la experiencia?
Participé en #VacaciónsConTraballo por conocer una nueva cultura, lugar, gente; enseñar algo y aprender mucho!
14. Por que decidiches participar en #VacaciónsConTraballo ? Así, como comezo 🙂
Gústanme as novas experiencias, así que #VacaciónsConTraballo supuxo unha oportunidade xenial!
15. Qué valoras más? La jungla "urbana" de aquí o el ambiente que se respira en Nicaragua?
La ciudad ofrece "cantidad", Somoto o el rural gallego ofrecen para mí, calidad de vida #VacaciónsConTraballo.
16. Foi impactante a situación que atopaches en Nicaragua? Ou a integración foi sinxela.
Para min foi sinxela, de neno pasei moito tempo na aldea e nalgúns aspectos foi como volver a esa época :).
17. Que che quedou por facer no proxecto en Nicaragua??
Moito! Eu participei xusto no medio dun proxecto bianual, e o mes que dura #VacaciónsConTraballo faise moi curto!