O proxecto centrouse en incrementar os niveis de salubridade da comunidade de San Juan de Dios, a través dun sistema de recollida das augas residuais proveniente das vivendas da poboación (1.624 persoas), reducindo así un dos focos de contaminación máis frecuentes na área rural do país. Cos sumidoiros preténdese restrinxir a construción de pozos negros, que son os que existen no lugar.