A situación da infancia en Ecuador nestes anos foi especialmente grave pola crise sen precedentes que viviu o país e que provocou que os casos de infancia en abandono se duplicaran. O proxecto, realizado en 18 cidades de 13 provincias de Ecuador, respondeu á necesidade urxente de restituír un dos dereitos fundamentais das e dos menores: o dereito á identidade. A aprobación deste dereito ten como consecuencia directa a negación doutros dereitos, como a saúde e a educación. Resultaron beneficiados 2.000 menores, a través do proceso de identificar a rapaces e rapazas en situación de internado ou semi-internado para facilitar a súa integración tanto familiar como social, capacitando ás institucións e creando redes de apoio.