Asistencia médica e cirúrxica gratuíta

Asistencia médica e cirúrxica gratuíta 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

A través deste proxecto, mellorouse a saúde das persoas que viven nas contornas dos hospitais Santa Ana de Quillabamba e Santa Rosa de Puerto Maldonado. Ambos os dous hospitais son referencia para unhas 80.000 persoas cada un. Dous equipos de Solidariedade Galega, un cirúrxico e radiolóxico e outro pediátrico e oftalmolóxico, viaxaron a estes hospitais nos meses de outubro e novembro do ano 2002. Realizáronse en total 1.461 consultas e a ONGD proporcionou de xeito gratuíto a todas e todos os pacientes intervidos o tratamento médico-cirúrxico e medicación correspondentes.

    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información