Apoio ao desenvolvemento sostible das comunidades indíxenas do municipio de Chuma

Apoio ao desenvolvemento sostible das comunidades indíxenas do municipio de Chuma 1500 1035 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Con este proxecto apoiouse o desenvolvemento agrícola sostible da poboación indíxena do municipio andino de Chuma, na provincia de Muñecas, a través do fortalecemento da Cooperativa Agrícola de Muñecas (CAM), que incluía 22 comunidades empobrecidas. Realizáronse as seguintes actividades: introdución de prácticas de diversificación andina, asesorías técnicas sobre o aprovisionamento de produtos agrícolas e sobre as estratexias de comercialización, capacitación técnica na produción agrícola, xénero e dereitos humanos e creación dun fondo rotatorio. A cooperativa buscou fortalecer unha estratexia que posibilitase o acceso ás oportunidades que ofrece o mercado no marco dos dereitos fundamentais de desenvolvemento económico, político e social preservando a súa identidade cultural.

    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información