Ses: “A fobia ao termo «feminismo» é ridícula”

Ses: “A fobia ao termo «feminismo» é ridícula”

Ses: “A fobia ao termo «feminismo» é ridícula” 800 566 Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

“O feminismo propugna a igualdade entre homes e mulleres. É ridícula a fobia terminolóxica”. Deste xeito entende María Xosé Silvar, Ses, a ideoloxía feminista que adoita defender nos seus concertos, nos que tamén acostuma reivindicar a identidade e posicionarse contra o recorte de dereitos. A cantante protagoniza o espazo dedicado á entrevista no boletín ‘Infórmate a Fondo’, que recompila as últimas novas do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Deste xeito, a publicación electrónica resume a Asemblea Xeral na que se aprobou a nova Comisión Executiva que rexerá a entidade durante os próximos catro anos, co Concello de Nigrán na Presidencia. Tamén recolle as impresións do persoal municipal que participou no programa de voluntariado internacional Vacacións con Traballo e a declaración institucional diante da crise migratoria e de persoas refuxiadas.

As fotonovas do IAF 139 adiantan asemade o contido das X Xornadas Anuais de Cooperación que se celebran o vindeiro xoves en Pontevedra e sintetizan tanto as actividades de sensibilización levadas a cabo con ONGD como os últimos acordos acadados coa Xunta de Galicia. Para rematar, a sección dedicada aos proxectos en terreo faise eco da recta final das intervencións apoiadas en Cabo Verde, Guatemala, Honduras, Nicaragua, Perú e India.

Ses: "A fobia ao termo «feminismo» é ridícula"Ses: "A fobia ao termo «feminismo» é ridícula"Ses: "A fobia ao termo «feminismo» é ridícula"Ses: "A fobia ao termo «feminismo» é ridícula"

 

    Este sitio web almacena cookies no seu computador. Estas cookies utilízanse para recompilar información sobre como interactúa co noso sitio web e permítenos lembralo. Utilizamos esta información para mellorar e personalizar a súa experiencia de navegación e para obter estatísticas e métricas sobre os nosos visitantes tanto neste sitio web como noutros medios. Para obter máis información sobre as cookies que utilizamos, pomos a disposición a nosa Política de cookies.
    Máis información